Centro Tecnolóxico da Carne

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra
Inicio Servizos Oficina de Proxectos

Oficina de Proxectos

Imprimir

Asesoramento e transferencia.


A asistencia técnica e o asesoramento a empresas e profesionais é outro dos servizos que presta o Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia. As actuacións neste campo van dirixidas en tres vertentes:
  • Estudos prospectivos sobre novas tecnoloxías e tendencias tecnolóxicas.
  • Análise de mercados: lanzamento de novos produtos, estudos de viabilidade, promoción e marketing, análise estratéxicos de sectores, etc...
  • Asistencia ao sector nos procesos de adaptación lexislativa.
  • Elaboración de Proxectos de Enxeñería nos campos da Agronomía, Industrias Alimentarias, deseño de instalacións,...
  • Xestión e coordinación de proxectos de I+D+i.
  • Asesoría legal, financeira e técnica de proxectos.
Nesta procura de dar resposta ás demandas e esixencias dos axentes do sector agroalimentario, así como aos temas emerxentes e ás tendencias de novos escenarios naceu a Oficina de Proxectos, coma un espazo multidisciplinar que permite a xestión dos proxectos, a planificación, normalización e canalización das actuacións do Centro. Dende a nosa oficina traballamos en varios frontes como a investigación agroalimentaria, a gandería ou a sanidade e benestar animal, nos campos de ensaio de cultivos, agronomía, entre outros preocupándonos por proporcionar un asesoramento financeiro, técnico e legal aos entes participantes.

Entre os nosos obxectivos para ofrecer respostas as inquietudes que hai no mercado agroalimentario na oficina levamos a cabo a transferencia de procesos e accións no marco das liñas estratéxicas do CTC, servizos a empresas, i+D+i, transferencia tecnolóxica e formación, xuntando esforzos para ofrecer os usuarios:
  • Servizo técnico como intelocutor ante axentes.
  • Mellorando e xestionando medidas para favorecer a participación do sector agroalimentario, facilitando a conversión de actuacións transversais e a difusión do coñecemento no sector.
  • Coordinar e liderar paquetes de traballo.
  • Incentivar a participación na sociedade científico-tecnolóxica así coma promover a transferencia tecnolóxica e as sinerxias da sociedade científica, tecnolóxica e da enxeñería agroalimentaria.
A oficina serve, non so para fortalecer, estruturar e coexecutar accións no armazón empresarial e científico do sector, senón que tamén establece un sistema de comunicación corporativa, transversal ou institucional do propio Centro coma ferramenta fundamental para o éxito dos proxectos.

Contacto:

Para máis información póñase en contacto connosco:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo