O Laboratorio.
O laboratorio de Cromatografía ten posto a punto as técnicas para a determinación de aminoácidos e aminas bióxenas, a determinación de catións e a determinación do perfil de ácidos graxos fundamentalmente. Como técnica analítica instrumental que é, mediante a cromatografía, temos capacidade de proporcionar información tanto cualitativa como cuantitativa acerca da composición da mestura que se necesite estudar.
O noso laboratorio de cromatografía está integrado por un equipo de traballo que conta coa especialización e cualificación requirida para levar a cabo con alta eficiencia as súas funcións, prestando especial atención na permanente actualización de coñecementos na área da súa competencia, o cal permite cumprir coa nosa política de calidade e coa misión do CTC.
Servizos analíticos.
O noso servizo de análise cromatográfica permite levar a cabo as determinacións tanto de alimentos como de bebidas e de augas, ofrecendo:
- Detección e cuantificación de aminoácidos.
- Detección e cuantificación de aminas bióxenas.
- Perfil de ácidos graxos (extracción e cuantificación).
- Detección e cuantificación de hidrocarburos aromáticos policíclicos (PAHs).
- Detección e cuantificación de compostos orgánicos volátiles (VOCs).
Equipamento e Tecnoloxías empregadas.
- Cromatógrafo de líquidos de alta resolución (HPLC)
- Cromatógrafo Gases-Masas con detector selectivo de masas e un detector FID
- Purge and Tramp
- ICP óptico



