Centro Tecnolóxico da Carne

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra
Inicio Servizos Análise Sensorial

Análise Sensorial

Imprimir

O panel de cata.


Probar e catar alimentos e bebidas e parte da nosa vida diaria. O consumidor cada día está máis sensibilizado coa cor, aroma, textura e aparencia dos alimentos que come e constantemente está a xulgar o que lle gusta e desgusta.

Polo tanto a industria alimentaria vese na obriga de intentar satisfacer a esixencia de calidade en canto a estes parámetros e necesita coñecer de for, a obxectiva como perciben os consumidores os seus produtos ou os da competencia.

A análise sensorial proporciona información útil para a resolución dunha ampla gama de estudos:
  • Especificacións e control de calidade.
  • Estudos de vida útil.
  • Desenvolvemento de novos produtos.
  • Optimización de formulacións.
  • Investigación de sabores e olores anómalos no produto.
  • Comparación con produtos competidores.
  • Estudos de aceptabilidade sensorial e preferencia.

Servizos analíticos.
  • Panel de cata: adestramento de panelistas para diversos produtos.
  • Probas para avaliar o efecto sobre os consumidores. Ensaios hedónicos ou afectivos.
  • Realización de probas de control de calidade dos alimentos, detección de diferenzas:
    • Proba triangular.
    • Proba de comparación por parellas.
    • Proba de ordenación por atributos.
    • Probas de avaliación por escalas.
  • Caracterización sensorial dos alimentos:
    • Probas descritivas simples.
    • Probas descritivas cuantitativas e perfís sensoriais.
    • Interpretación dos resultados obtidos das probas sensoriais.

Equipamento e Tecnoloxías empregadas.
  • Sala de catas deseñada conforme ás esixencias UNE 87-004-97, con capacidade para 10 persoas.
  • Cociña equipada para o acondicionamento e preparación de calquera tipo de mostra.
  • Sala para adestramento de paneis e reunións de grupo.
  • Software específico para o tratamento estadístico dos resultados.

Contacto:

Para ampliar esta información ou facer calquera consulta pode poñerse en contacto co CTC ou na seguinte dirección de correo electrónico:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo