Nosos servizos.
O catálogo de servizos do CTC abarca unha variada gama de áreas:
-
Análise físico-química, microbiolóxica e cromatográfica de alimentos, auga, solos...
-
Simulación de procesos e produtos levados a cabo na planta piloto
-
Servizo técnico da Oficina de Proxectos como interlocutor ante axentes, ofrecendo asesoramento financeiro, técnico e legal aos entes participantes.
-
Servizo de Investigación Agronómica
-
Área de Formación e Transferencia Tecnolóxica
-
Organización de eventos (congresos, xornadas técnicas, etc.).
A liña común que seguen todos eles é a de traballar en estreita colaboración cos produtores e as empresas, adaptándonos ás necesidades de cada cliente.
En detalle...
O CTC conta con tres laboratorios que dirixen a súa actividade en dúas direccións: satisfacer os servizos demandados polo sector galego da agroalimentación e participar nos proxectos de investigación que ten activos o centro.
Estas instalacións permiten facer análises físico-químicas, cromatográficas e microbiolóxicas de:
- Carne e produtos cárnicos
- Cereais e pensos
- Lácteos
- Xarope e mel
- Vexetais
- Auga
- Solos
Para máis información póñase en contacto con:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo



Servizos