Centro Tecnolóxico da Carne

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra
Inicio I+D+i Proxecto Transfronteirizo: REAL

Presentación da Rede REAL

Imprimir

Presentación da Rede REAL

O venres 26 de febreiro celebrarase en Viana do Castelo a presentación da Rede REAL (Rede de Innovación Alimentaria Norte de Portugal-Galicia) na que participa a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne. A través desta Rede preténdese potenciar a constitución dunha base tecnolóxica de apoio á transferencia de I+D e á comunicación e difusión de información no sector agroalimentario da Eurorrexión.

Programa da presentación [pdf]



Ler máis...
 

Rede de Innovación Alimentaria Norte de Portugal-Galicia REAL

Imprimir

 

O Proxecto REAL versa sobre a constitución formal dunha rede de cooperación, repartición de medios e transmisión de coñecementos na eurorexión que potencie a constitución dunha base tecnolóxica de apoio, a transferencia do I+D+i, a comunicación e difusión de información e que fomente a innovación no sector agroalimentario da rexión, asumíndose como un forte factor de avance cara a internacionalización. Ten a finalidade de fomentar o desenvolvemento agroalimentario transfronteirizo e situar o sector agroalimentario da eurorexión no contexto internacional.

O Proxecto REAL é cofinanciado pola Unión Europea, a través do Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España - Portugal 2007-2013.

Localizada no noroeste da Península Ibérica, a euro-región Norte de Portugal - Galicia ten grandes afinidades culturais, sociais e conómicas. No entanto, a localización periférica en relación a Europa e o efecto negativo da fronteira fai con que as dúas rexións estean en relativo aillamento e que os seus indicadores económicos e de benestar estean embaixo dos valores medios da Unión Europea.

O sector alimentario é un dos mais representativos na rexión, pero caracterízase pola dispersión, heteroxeneidade, baixa capacidade de transferencia de coñecemento, fraca competitividade e capacidade de innovación limitada, o que ten a impedir o seu desenvolvemento.

A rede REAL envolverá institucións de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, universidades, empresas e súas asociacións e outras entidades intervenientes no sector, pretendendo constituírse como unha plataforma transfonteiriza para o intecambio de experiencias e comunicación entre os distinos socios e entre estes e tódalas empresas e institucións que, no decorrer do proxetcto, se veñan a integrar na Rede.

Enlace a Rede REAL

REDE DE INNOVACIÓN ALIMENTARIA REAL

  • Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013
  • Área de Cooperación: Galicia-Norte de Portugal
  • Eixo 1: Fomento da Competitividade e Promoción do Emprego
  • Xefe de Fila: Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro
  • Periodo: 01-01-2009 a 31-12-2010
  • Investimento total: 2.060.517,00 €
  • Co-financiamento FEDER: 1.545.387,00 € (75%)
Esta iniciativa mobiliza a cooperación entre importantes Centros de Investigación do sector agroalimentario da Rexión Norte de Portugal como: a Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro, a Universidade do Miño, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo e a Escola Superior de Biotecnologa da Universidade Católica Portuguesa, cos seus pares de Galicia: Universidade de Vigo e Universidade de Santiago de Compostela. Fai igualmente chamamento ao envolvemento de Asociacións e Centros Tecnolóxicos, a través da NERVIR-Asociación Empresarial, o Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos da Pesca (CECOPESCA-organismo da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos) e o Centro Tecnolóxico da Carne, ben como a Dirección Xeral de I+D da Xunta de Galicia, procurando, a partir dun proxecto de rede, asumirse cun forte núcleo transfroniteirizo.

 

OBXECTIVOS
  • Crear unha rede de coñecemento colaborativa e estruturada que promova a internacionalización e a competitividade a través da innovación no sector alimentario da euro-rexión.
  • Agregar a masa crítica representativa do sector agro-alimentaria da eurorexión, a través da constitución dun fórum para aproximación multidisciplinar e integrado de Investigación e Desenvolvemento.
  • Promover actividades de I+D+i no sector (especialmente no máis tradicional) que dinamicen a innovación tecnolóxica e impulsen a competitividade nas áreas fronteirizas, mediante a interacción entre o sector privado agroalimentario e as Insttitucións de I+D+i en ambos os lados da fronteira, fomentando, desta forma, accións de investigación precompetitiva e competitiva en proxectos de interese para a eurorexión.
  • Posicionar a rede REAL como unha plataforma de referencia para o sector na rexión, fomentando a imaxe de cohesión, tanto interna como externa, co obxectivo de transformar a Rede nunha base sólida para as actividades competitivas internacionais.
  • Mellorar a integración das PEMES e microempresas na Rede e facilitar a súa aproximación aos Centros de Investigación que actuarán como interlocutores das súas necesidades e promotores de novas oportunidades de innovación.
  • Apoiar e dinamizar a innovación ao nivel da diferenciación dos productos locais (Lácteos, Pesca, Carne, Hortofrutícola, Viños e outras bebidas), recorrendo ao know-how específico de cada Institución envolvida.
  • Proporcionar ás empresas os coñecementos técnicos e científicos elaborados por institucións de investigación transfronteirizas e, xa que logo, falicitar o seu acceso e a súa aplicación nun contexto empresarial, e Difundir información e resultados.

ACTIVIDADES A DESENVOLVER
  • Elaborar un Documento Visión e un Documento Estratégico para o sector na eurorexión.
  • Crear unha rede colaborativa que xunte axentes públicos e privados e definir unha estrutura operativa.
  • Desenvolver unha plataforma tecnolóxica e un catálogo intereactivo de servizos tecnolóxicos, de consultoría e de formación.
  • Promover actividades de transferencia tecnolóxica e de innovación.
  • Concebir un programa de formación e mobilidade de recursos humanos.
  • Desenvolver proxectos colaborativos de I+D e innovación
  • Crear un Gabinete de Apoio á Innovación nas PEMES.
  • Implementar un plano de comunicación.
  • Establecer contactos e asociacións institucionais.

RESULTADOS ESPERADOS
  • Integrar recursos e capacidades e agregar a masa crítica da eurorexión.
  • Elaborar un Documento Visión e un Documento Estratégico común.
  • Afirmar a rede REAL como unha referencia para actividades de I+D e innovación.
  • Incentivar a cooperación entre os axentes.
  • Aumentar a transferencia de tecnoloxía e coñecemento.
  • Fortalecer a cooperación entre institucións de ambos os lados da fronteira.
  • Mobilizar e desenvolver recursos produtivos tradicionais.
  • Incrementar a capacidade de innovación e a competitividade.
  • Desenvolver o sector alimentario na eurorexión.
  • Internacionalizar a Rede

VANTAXES MÁIS IMPORTANTES PARA AS EMPRESAS


A integración das empresas neste proxecto é un centro de oportunidade para:
  • Escoitar a opinión dos empresarios e estes influenciaren as liñas de investigación para o sector, creando colaboración bilateral, nunha perspectiva de resolución dos problemas reais da industria.
  • Disponibilizar ás empresas o coñecemento técnico-científico desenvolvido polas Institucións de Investigación transfronteirizas e consecuentemente, facilitar a súa aplicación en contexto empresarial mantendo un contacto coas entidades de interese no sector (empresas, universidades, centros de investigación).
 
 
Ler máis...