
O próximo 22 de decembro de 2011 ás 12.30h. terá lugar nas instalacións do Centro Tecnolóxico da Carne, a xornada de presentación da memoria de actividades do 2011 da Asociación Nacional Energcocina.
O acto estará presidido por Dña. Alejandra Álvarez de Mon Rego, Directora Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e o Director Xerente do CTC, D. Miguel Fernández Rodríguez. A continuación terá lugar a presentación da memoria de actividades polo chef Flavio Morganti, como Presidente de Energcocina, que abranguerá os seguintes aspectos: obxectivos da asociación, actividades desenvolvidos 2011 e a entrega de certificado de socios colaboradores.



