
O próximo 22 de decembro de 2011 ás 11.30h. terá lugar nas instalacións do Centro Tecnolóxico da Carne, a xornada de presentación do proxecto europeo LAN PYMEXPORT: NOVA COMUNIDADE VIRTUAL DE PEMEs EXPORTADORAS "SERVIZOS AVANZADOS PARA A INTERNACIONALIZACIÓN.
O acto estará presidido por Dña. Alejandra Álvarez de Mon Rego, Directora Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e D. Xosé Lago García, Subdirector Xeral de Acción Exterior e de Cooperación Transfronteiriza da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, participarán tamén neste, o Director Xerente do CTC, D. Miguel Fernández Rodríguez e D. Manuel Egea Gallego, representante de Reflexión Consultores, S.L, que levará a cabo a presentación técnica do proxecto.
Lan Pymexport é un proxecto promovido por ANFACO-CECOPESCA xunto con CEL, CTC, CITMAD e BIC Minho, que implicará a participación de ata un centenar empresas agroalimentarias situadas na eurorregión, Galicia - Norte de Portugal. Búscase fomentar a súa entrada en mercados exteriores a través de fórmulas novidosas de internacionalización. Supoñerá a creación de unidades de comercialización e o aproveitamento das TIC para facilitar a entrada en novos nichos de mercado.
Lan Pymexport é unha novidoso proxecto promovido pola Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos - Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca (ANFACO-CECOPESCA), xunto coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), o Centro de Inovaçao de Tras-Os-Montes e Alto Douro (CITMAD) e o Negocio Innovation Centre do Minho (BIC Minho), ao abeiro da segunda convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España - Portugal 2007 -2013-POCTEP para fomentar a internacionalización das pequenas e medianas empresas do sector agroalimentario da eurorregión Galicia - Norte de Portugal.



