Centro Tecnolóxico da Carne

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra
Inicio CTC Novas PLAN DE DIFUSIÓN E EXALTACIÓN DA CARNE DE POLDRO DO MONTE GALEGO

PLAN DE DIFUSIÓN E EXALTACIÓN DA CARNE DE POLDRO DO MONTE GALEGO

Imprimir

 

potros

O próximo 22 de decembro de 2011 ás 13.30h. terá lugar nas instalacións do Centro Tecnolóxico da Carne, a acción de divulgación da actividade de Transferencia Tecnolóxica " “PLAN DE DIFUSIÓN E EXALTACIÓN DA CARNE DE POLDRO DO MONTE GALEGO”, organizada polo CTC co obxecto de promover e  introducir no mercado  a carne de poldro e os seus produtos elaborados.

 

O evento consistirá nunha exposición sobre a valorización da carne de poldro e unha degustación de mesma.

 

O acto estará presidido por Dña. Alejandra Álvarez de Mon Rego, Directora Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e o Director Xerente do Centro Tecnolóxico da Carne, D. Miguel Fernández Rodríguez.