O actual modelo comunitario de clasificación de canais de vacún pesado establecido no Regulamento (CEE) 1208/1981 e a diversa normativa que o complementa, aplicado en España a través do Real Decreto 225/2008, de 15 de febreiro, establece a obriga de que a clasificación das canais sexa realizada por técnicos cualificados propostos polas empresas xestoras dos matadoiros que obtiveran a autorización pola autoridade competente.
Co fin de dar cumprimento ao citado Real Decreto no que atinxe ao réxime de autorización de clasificadores, a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), no marco do Plan de Formación Continua Agroforestal 2011 en colaboración coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, organiza catro Cursos de Formación en Clasificación de Canais de Vacún Pesado, co programa provisorio que se achega xunto con esta publicación e nas datas e provincias seguintes:
- 1 e 2 de setembro de 2011, en Ourense.
- 8 e 9 de setembro de 2011, en Pontevedra.
- 22 e 23 de setembro de 2011, en A Coruña.
- 28 e 29 de setembro de 2011 en Lugo.
Unha vez se conte coas dispoñibilidades horarias das industrias colaboradoras para a realización da formación práctica, pecharase o programa definitivo para cada curso, coa indicación dos lugares para cada actividade formativa e comunicarase de maneira axeitada aos alumnos de cada curso.
Estes cursos de carácter selectivo van dirixidos tanto aos clasificadores en activo (que precisen renovar a súa autorización e a efectos do seu reciclaxe, alomenos una vez cada catro anos) como aos aspirantes a clasificadores (técnicos cualificados propostos polas empresas xestoras dos matadoiros e técnicos veedores das Indicacións Xeográficas Protexidas), para a súa autorización pola autoridade competente, válida para todo o territorio nacional. Así mesmo poderá participar o personal ao servicio da Xunta de Galicia que interveña no control dos clasificadores.
Se desexan solicitar a súa participación nalgún destes cursos deberán achegar a solicitude segundo modelo que se xunta. Para aclarar calquera dúbida, poderán comunicarse co persoal do CTC no teléfono: 988548277.
Mais información en: Plan de Formación Continua Agroforestal 2011



