Centro Tecnolóxico da Carne

  • Aumentar el tamaño de la letra
  • Tamaño de letra predeterminado
  • Reducir el tamaño de la letra
Inicio CTC Noticias PLAN DE DIFUSIÓN E EXALTACIÓN DA CARNE DE POLDRO DO MONTE GALEGO

PLAN DE DIFUSIÓN E EXALTACIÓN DA CARNE DE POLDRO DO MONTE GALEGO

Imprimir
There are no translations available.

 

potros

O próximo 22 de decembro de 2011 á 13.30h. terá lugar nas instalacións do Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), a acción de divulgación da actividade de Transferencia Tecnolóxica " “PLAN DE DIFUSIÓN E EXALTACIÓN DA CARNE DE POLDRO DO MONTE GALEGO”, organizada polo CTC co obxecto de promover e  introducir no mercado  a carne de poldro e os seus produtos elaborados.

O evento consistirá nunha exposición sobre a valorización da carne de poldro e unha degustación de mesma.

O acto estará presidido por Dna. Alejandra Álvarez de Mon Rego, Directora Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, e o Director Xerente do Centro Tecnolóxico da Carne, D. Miguel Fernández Rodríguez.