Centro Tecnolóxico da Carne

  • Aumentar el tamaño de la letra
  • Tamaño de letra predeterminado
  • Reducir el tamaño de la letra
Inicio CTC Noticias Promoción- Degustación de Produtos dá Eurorrexión GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

Promoción- Degustación de Produtos dá Eurorrexión GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

Imprimir
There are no translations available.

rede_real

O próximo 22 de decembro de 2011 á 13.30h. terá lugar nas instalacións do Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), a acción de divulgación "Promoción-Degustación de Produtos da Eurorrexión GALICIA-NORTE DE PORTUGAL", organizada polo CTC no marco da REDE REAL co obxecto de promover e degustar produtos típicos da Eurorrexión pertencentes a empresas inscritas da Rede REAL creada dentro do marco do Programa Operativo de Cooperación Transfronteirizo España-Portugal 2007-2013 (POCTEP) cofinanciada en 75% por fondos FEDER- Unión Europea.

A Rede REAL - Rede de Innovación Alimentaria Norte de Portugal- Galicia, constitúe unha rede cooperativa baseada no coñecemento para a promoción da innovación no sector alimentario na Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal. www.rede-real.eu

O acto estará presidido por Dna. Alejandra Álvarez de Mon Rego, Directora Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, e o Director Xerente do Centro Tecnolóxico da Carne, D. Miguel Fernández Rodríguez.