|
Durante os días 22, 23 e 24 de Maio celebraranse nas instalacións do Centro Tecnolóxico da Carne e a Calidade Alimentaria as I Xornadas Internacionais sobre o Castiñeiro, organizadas pola Consellería de Medio Rural e co apoio da Consellería de Innovación e Industria e o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da madeira de Galicia.
Nestes tres días farase un resumo da situación actual de tódolos aspectos do aproveitamento dos soutos nos distintos campos industriais e rurais, centrándose nas posibilidades de expansión, aplicación de novas tecnoloxías e desenrolo sostible e coordinado.
Contarase coa intervención de expertos poñentes que aportarán a visión de diversos organismos e ámbitos xeográficos acerca das posibilidades e o futuro das explotacións, e realizaranse taméndebates e visitas técnicas destinadas a enriquecer a formación e experiencia dos asistentes.
A inscrición é gratuita e conta con prazas limitadas, polo que para formalizar a asistencia debe enviarse un correo electrónico ao enderezo
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
indicando o nome e apelidos do asistente, xunto con un número de teléfono de contacto e a profesión desenvolvida, antes do día 20 de Maio.
Calquera dúbida respecto ao desenvolvemento das xornadas pode ser consultada no número de teléfono 981 534 601, e nos seguintes enlaces poden descargarse o díptico informativo así como o programa de desenvolvemento.
Díptico informativo [pdf]
Programa das xornadas [pdf]
Nesta ligazón pode atoparse a páxina adicada as xornadas na web da Consellería de Medio Rural.
|